Posts Tagged ‘Club de Lectura do IES de Porto do Son’

Encontro do club de lectura con Susana Sánchez Arins

8th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

O luns, coa caloriña do sol despois dun Entroido de chuvia, recibimos a Susana Sánchez Arins na biblioteca. O club de lectura d@s maiores, reuníase para falar con ela sobre Seique, obra que motivara a cita; mais, ao demorarse esta polos trasnos que enredan os tempos, decidíramos ir lendo tamén o seu poemario Aquiltadas. Fiabamos temas e dábamos pé […]

“Todo o tempo do mundo” no club de lectura

17th Xaneiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Unha vez máis unimos os clubs de lectura do centro para falar xuntos arredor da mesma lectura. Nesta ocasión, como non podía ser menos, o libro Todo o tempo do mundo, a novela coa que David Pérez, o noso compañeiro, gañou o Premio Merlín.  Acompañados coma sempre dun café ou un colacao quentiño, foron saíndo as […]

Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

12th Decembro 2016 by tikeles Non hai comentarios

Un decembro máis, despedimos o ano disfrutando da lectura. Desta volta vimos de ler A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, un libro que fala da soidade de seres que tentan sobrevivir á dor que causan as guerras, ao desarraigo dos fuxidos, dos expulsados… Unha soidade que atopa acubillo nunha voz que se torna amiga e […]

De Coimbra, do cine, da literatura, das festas…

20th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en De Coimbra, do cine, da literatura, das festas…

Recompilamos a información que o alumnado do IES de Porto do Son e o Aquis Celenis recolleu a partir dos roteiros que realizamos na viaxe conxunta a Coimbra dos clubs de lectura. Unha fiestra aos portugueses! More presentations from etikeles

Co Aquis Celenis en Coimbra!

13th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Co Aquis Celenis en Coimbra!

Desta volta adiantamos a viaxe do club de lectura! O remate do curso vainos ter ocupados coa celebración do 20 aniversario do centro, mais a primavera foi tamén unha boa época para visitar Portugal. Nesta ocasión, fin de semana en Coimbra! Atrás as boas lembranzas de Viana do Castelo, Porto e Guimarães. Un ano máis […]

Da ciencia, da ficción e da ciencia ficción no club de lectura

3rd Febreiro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Da ciencia, da ficción e da ciencia ficción no club de lectura

En xaneiro reunimos os dous clubs de lectura arredor dunha obra que agrada a lectores de distintas idades: A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly. A sesión ficou curta para todo canto a obra dá para comentar: Darwin, o pracer de descubrir o mundo que nos rodea, o interese pola ciencia e a lectura, as enriquecedoras […]

Biscoito, café e libros para acubillarnos da chuvia do outono

5th Outubro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Biscoito, café e libros para acubillarnos da chuvia do outono

Hoxe chovía forte, mais o biscoito que Rut preparou para acompañarmos o café acubillou a primeira sesión dos clubs de lectura da nosa biblioteca. Hai caras novas, entre os benxamíns, pero tamén no das maiores -bótase en falta algún chico, pero non é imprescindible, que conste-. Aquí estamos, esperando disfrutar do pracer de ler, de […]

E os clubs de lectura… volvemos a Viana!

29th Xuño 2015 by tikeles Comentarios desactivados en E os clubs de lectura… volvemos a Viana!

Xa van alá cinco viaxes compartidas do noso club de lectura cos amigos e amigas do Aquis Celenis de Caldas! Ana, Pedro, Marga, os mozos e mozas cos que celebramos cada final de curso! Coma sempre, Portugal é o noso destino escollido. Desta volta regresamos a Viana, a fermosa vila que fora o primeiro destino […]

Obradoiro de poesía con Carlos Negro

27th Abril 2015 by tikeles 768 Comments

Hoxe ao mediodía tiñamos unha quedada con Carlos Negro para falar de poesía e para facer poesía.   Os alumnos e alumnas dos dous clubs de lectura puidemos reflexionar con el sobre o que a poesía nos aporta, doce e escura como o chocolate, atrevida, triste, crítica, lúdica… A vida mesma recollida nela. O escritor […]

Os clubs de lectura deséxanvos BO NADAL!

16th Decembro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Os clubs de lectura deséxanvos BO NADAL!

O luns tivemos a última sesión do 2014 dos clubs de lectura nunha biblioteca navideña. Os máis novos leran obras de Agustín Fernández Paz. Os maiores tiñamos unha lectura lixeira, Fundación Libélula de Yashmina Shawki. Se ben tanto as profes como o alumnado obxectou á novela o previsible da trama, esta deu para o debate […]