Posts Tagged ‘David Pérez Iglesias’

Todo o tempo do mundo, á sombra

20th Xuño 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Todo o tempo do mundo, á sombra

Despois de ter traballado Todo o tempo do mundo, mergullándonos nas voces descoñecidas da novela coas que elaboraron un glosario, o alumnado de 3º ESO C, tivo un encontro co director, con David. Por que? Pois porque tendo no centro o galardoado co Premio Merlín 2016, non ían rematar o curso sen saber da súa outra cara, […]

“Todo o tempo do mundo” no club de lectura

17th Xaneiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en “Todo o tempo do mundo” no club de lectura

Unha vez máis unimos os clubs de lectura do centro para falar xuntos arredor da mesma lectura. Nesta ocasión, como non podía ser menos, o libro Todo o tempo do mundo, a novela coa que David Pérez, o noso compañeiro, gañou o Premio Merlín.  Acompañados coma sempre dun café ou un colacao quentiño, foron saíndo as […]

Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

12th Decembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

Un decembro máis, despedimos o ano disfrutando da lectura. Desta volta vimos de ler A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, un libro que fala da soidade de seres que tentan sobrevivir á dor que causan as guerras, ao desarraigo dos fuxidos, dos expulsados… Unha soidade que atopa acubillo nunha voz que se torna amiga e […]

Presentación de “Todo o tempo do mundo”

2nd Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Presentación de “Todo o tempo do mundo”

Este venres, 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa de Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, Agustín Agra, Manuel Bragado e o noso compañeiro e director David Pérez, preséntannos Todo o tempo do mundo.  O ritmo binario do avó, dos avós, da memoria, vai marcando a lectura… Imponsible non atoparse neste libro que gañou […]

David, Premio Merlín 2016

5th Xuño 2016 by tikeles Comentarios desactivados en David, Premio Merlín 2016

Alégranos compartir a nova. David, o noso compañeiro e colaborador da biblioteca, quen leva sementando o mirar do noso alumnado a través de SonCine, conformando unha canle que é unha fiestra aberta á que asomarse para saber do centro e de Porto do Son, vén de ser galardoado co Premio Merlín de Literatura Infantil pola […]