Posts Tagged ‘Día da Muller’

8 de marzo coas profas dos institutos de Noia

13th Marzo 2018 by tikeles Non hai comentarios

Boa parte das profesoras do equipo de biblio e algunhas compañeiras do centro xuntámonos o 8 de marzo coas compañeiras do Virxe do Mar e o IES do Campo de San Alberto. Foi fermoso. Outras mulleres foron uníndose a nós. Si, foi fermoso. Os cantos, tan necesarios, acompañáronnos.

Seguimos facendo “cordada”: a mulleres contando!

7th Marzo 2018 by tikeles Non hai comentarios

Tere, a nosa compañeira do equipo de biblio, vén de montar esta presentación a partir da exposición “Día da Muller: contando facemos cordada”. Un agasallo para todas as palabras coas que a acompaña: More presentations from etikeles Volver a comenzar, Luz Casal Como eu canto, SES    Unha aperta a todas as mulleres que forman […]

Día da Muller: contando facemos cordada

4th Marzo 2018 by tikeles Non hai comentarios

Vaise achegando o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Como cada ano, a MULLER toma protagonismo no tema interdisciplinar. Desta volta, coa COMUNICACIÓN, son as mulleres as que contan para “facer cordada”: editoras, escritoras, ilustradoras, xornalistas… Hai moito que contar e, aínda que non sempre sexa fácil, aí estamos. Esa cordada que parte de […]

MaOs, documentarios sobre mulleres galegas

9th Marzo 2017 by tikeles Comentarios desactivados en MaOs, documentarios sobre mulleres galegas

De novo, un imprescindible recurso que nos ofrece MaOs, a cooperativa galega de innovación social da que xa vos demos conta hai uns días, para o Día da Muller, un repositorio con múltiples e interesantes recursos sobre mulleres galegas. Hai abondo para ler, ver, ensinar…    

8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade

8th Marzo 2017 by tikeles Comentarios desactivados en 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade

De Seique e Aquiltadas ao Soño dunha noite de verán, desta revisión dun clásico en clave de Muller, a unha muller que quixemos recuperar das “augas da invisibilidade”. Xa que andamos enredados no tema da auga, quixemos volver a mirada a Maruxa Mallo, esta artista que, vestida de mar, se nos ofrece a través da súa pintura […]