Posts Tagged ‘exposición’

Comunicamos????

25th Xaneiro 2018 by tikeles Non hai comentarios

Os fondos da biblioteca sobre o tema da COMUNICACIÓN saen ao corredor. Obras sobre diarios, cartas, fotografía, linguaxes, películas, alfabetos, discos … Este ano han dar moito que falar! Acompáñannos eses obxectos das nosas vidas que nalgún momento acompañaron as nosas conversas, as nosas cancións, os nosos bailes… Como pasa o tempo!  

A historia do cómic galego e universal

10th Abril 2012 by tikeles Comentarios desactivados en A historia do cómic galego e universal

Dentro das actividades de promoción da lectura no Mes do Libro organizamos  a exposición A historia do cómic galego e universal, que se inaugurará o luns 16 de abril ás 19:00 hrs. na Casa da Cultura do Concello de Porto do Son e que poderá ser visitada ata o 30 de maio. Mostramos os traballos […]

Debuxar, ler, contar, lembrar… nas vacacións de Semana Santa

14th Abril 2011 by tikeles Comentarios desactivados en Debuxar, ler, contar, lembrar… nas vacacións de Semana Santa

Son varias as propostas para estes días de lecer que nos chegan dos concellos de Porto do Son e de Noia, interesantes, formativas, divertidas. Animádevos a participar! Hoxe mesmo, ás 18:00, a xornada é completa: presentación do cómic A noite das cacharelas, de Pepe Carreiro, que se acompaña dunha proxección sobre o castro de Baroña, […]