Posts Tagged ‘IES de Porto do Son’

GAÑADORES NO V CONCURSO ESCOLAR DE POESÍA ROSALÍA DE CASTRO

3rd Xuño 2017 by tikeles Non hai comentarios

O IES de Porto do Son entre os gañadores V CONCURSO ESCOLAR DE POESÍA ROSALÍA DE CASTRO!!! 15 alumnos e alumnas presentaron poemas que crearon a partir de cadros de Maruxa Mallo no marco das actividades de visibilización da artista levadas a cabo dende a Biblioteca. E….. VALERIA BALEIRÓN, de 2º de ESO, con “Só […]

Serafín Marcos tráenos “As paisaxes de Carlos Casares”

19th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Serafín Marcos tráenos “As paisaxes de Carlos Casares”

Esta mañá Serafín Marcos volveu ao noso centro para conmemorar as Letras! Con el camiñamos polas “paisaxes de Carlos Casares” e con el fixemos paradas na viaxe: a galiña azul,  o tren, a formiga esquiadora, o río, a Virxe María que mata a Lucifer, a nena trapecista, un muro branco, unha moza en pantalón curto […]

O soño dunha noite de verán, con Voadora

8th Marzo 2017 by tikeles Comentarios desactivados en O soño dunha noite de verán, con Voadora

Agardabamos a xornada de hoxe, porque tiñamos a oportunidade de asistir á posta en escena de Voadora do Soño dunha noite de verán. Acollíanos un fermoso teatro, o Coliseo Noela, en Noia. A interpretación da obra prometía e, por suposto, non defraudou. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e de Artes Escénicas de 4º de ESO, […]

O IES de Porto do Son no ronsel dos “21 días co galego”

23rd Febreiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en O IES de Porto do Son no ronsel dos “21 días co galego”

Antía, Germán – alumnos do club de lectura- e Sabela, profesora de Bioloxía,  participaron coa lectura de Lúa de Senegal nos “21 días co galego“, unha actividade promovida por Pilar Ponte, do departamento de Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal. Esta botou a andar a iniciativa no 2013 coa intención de promover o uso do […]

Palabras de Paz!!!

30th Xaneiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Palabras de Paz!!!

Anda o mundo revolto e semella que algúns esquecen o fermosas que son palabras como respecto, acoller, sorriso, dar a man, axuda, esperanza, perdón, alegría, xustiza, amizade, apertas, verdade, diálogo… Son as que rapaces e rapazas do noso instituto empregaron hoxe para construír unha mensaxe de esperanza no Día Escolar da Non Violencia e a […]

CHÍOS no 100 aniversario das Irmandades da Fala

20th Decembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en CHÍOS no 100 aniversario das Irmandades da Fala

Nestas datas acostumamos a pedir desexos para un ano novo, para un tempo novo. Dende o equipo de biblioteca e o de Normalización, pensamos que tamén sería bo pedilos para a LINGUA GALEGA. Que mellor momento que o 100 aniversario das Irmandades da Fala, para dar CHÍOS que dean á fala MIL PRIMAVERAS MÁIS!! Estes […]

Black Friday IESON

25th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Black Friday IESON

Dende o equipo de biblio colaboramos co alumnado de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato como DONAS DE NÓS! Connosco outras compañeiras e compañeiros e o alumnado. Xuntos unímonos así co silencio e a palabra á dor que este Venres Negro do Día da Violencia de Xénero supón. Con este desfío, un particular “mannequin […]

25 de novembro. Venres negro.

24th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en 25 de novembro. Venres negro.

Porque… “3 de cada 10 mulleres, maiores de 16 anos, somo vítimas dalgún tipo de violencia machista”  

O Samaín de María e Silvia

2nd Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en O Samaín de María e Silvia

María, Silvia e as súas profes agasalláronnos cun convite de Samaín. Detrás da árbore do outono, unha cortina lixeira deixaba ver gatos, meigas, fantasmas e cabazas pendurando do teito sobre unha mesa chea a doces ben orixinais e ben ricos!!! Parabéns, gustounos asistir a esta festa terrorífica!!!                 […]

Visita á exposición Vivir na terra

23rd Outubro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Visita á exposición Vivir na terra

O alumnado de 4º de ESO e o seu profesor e colaborador do equipo de biblioteca, Raúl Soutelo, visitou a exposición sobre o agrarismo, Vivir na terra,  que se mostra no Museo Marea de Porto do Son. Enmárcase nas actividades que sobre o tema se están a desenvolver neste mes no Concello, en Nebra e […]