Posts Tagged ‘Sala Perseveira’

CONTADAS NA PERSEVEIRA

2nd Febreiro 2018 by tikeles Non hai comentarios

Xa temos aquí outra vez aos pequeniños do concello desexando escoitar os contos na sala perseveira!! Cun público tan entusiasta non hai quen se resista así que Sergio, Iria, María, Berni, Érika, Loreto, Soraya, Sara e Andrea puxeron todo da súa parte para que este día fora algo especial. Fixéronos cantar, bailar e contar algún […]

Das “palabras máxicas” ás contadas na Perseveira!

29th Xaneiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Das “palabras máxicas” ás contadas na Perseveira!

Un ano máis. Van alá xa sete anos dende que comezaramos as contadas! Como pasa o tempo! Daquela  estivemos nos coles levando “as palabras máxicas”. Logo, cando Fernando creou cos seus alumnos e alumnas a SALA PERSEVEIRA pasamos a acoller os nenos e nenas de infantil dos coles do Concello no NOSO TEATRO. Pronto chegarán […]

Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

25th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

Neste último trimestre o alumnado de 1º de Bacharelato andou enredado na lectura de dúas obras que acaen ben neste Mes das Letras: Instrucións para tomar café, de Núñez Singala e Made in Galiza de Séchu Sende.   Polo que dixeron, disfrutaron destas lecturas que nos levan a camiñar arredor de nós, a pensar e […]

Pachín, pachín, pachán…!

17th Novembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Pachín, pachín, pachán…!

Un ano máis Ánxela e os mozos e mozas do seu grupo de teatro tráennos as CONTADAS. Onte estiveron na Sala Perseveira os nenos e nenas pequenos dos coles de Portosín e Xuño, hoxe, os de  Campanario, Nebra, Caamaño, Carballosa e Seráns. Desta volta escoitamos os contos de Garavanciño que cantaba “pachín, pachín, pachán…”; dun […]

Novas Contadas na Sala Perseveira

28th Xaneiro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Novas Contadas na Sala Perseveira

Un ano máis, os pequenos de infantil dos coles de Portosín, Xuño, Campanario, Nebra, Seráns, Carballosa e Caamaño disfrutaron coas Contadas na Sala Perseveira, que está xa a converterse nunha referencia tamén fóra do centro (“Eu xa coñezo a Sala Perseveira, vin o ano pasado para os contos” dicía un dos nenos). É unha máis […]