Posts Tagged ‘Susana Sanchez Aríns’

Encontro do club de lectura con Susana Sánchez Arins

8th Marzo 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Encontro do club de lectura con Susana Sánchez Arins

O luns, coa caloriña do sol despois dun Entroido de chuvia, recibimos a Susana Sánchez Arins na biblioteca. O club de lectura d@s maiores, reuníase para falar con ela sobre Seique, obra que motivara a cita; mais, ao demorarse esta polos trasnos que enredan os tempos, decidíramos ir lendo tamén o seu poemario Aquiltadas. Fiabamos temas e dábamos pé […]

“Seique” de Susana Sanchez Aríns

26th Febreiro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en “Seique” de Susana Sanchez Aríns

Esta tarde, ás 8:30 na Casa de Cultura de Noia, Xerardo Agrafoxo presenta o libro de Susana Sanchez Aríns Seique editado en Através. Poesía, ensaio, narración… para falar da época da represión franquista. A memoria, sempre necesaria. Podedes ler a reseña que Agrafoxo fixo da obra en Café Barbantia.